As fontes radiactivas orfas estatais adáptanse á Directiva 2013/59/Euratom12-03-2020 - NORMATIVAO Consello de Ministros do martes 10 de marzo aprobou un Real Decreto para actualizar a normativa sobre fontes radioactivas que se achan fóra do control regulamentario, ben porque nunca o estiveron ou ben porque foron abandonadas, perdidas, extraviadas ou transferidas sen a debida autorización. |
|---|
Queda derrogado o RD 229/2006, do 24 de febreiro. A nova normativa fixa os requisitos de vixilancia e control radiolóxicos, e os procedementos de actuación que se deberán adoptar en caso de detección ou procesamento destas fontes nas instalacións destinadas á recuperación, almacenamento ou manipulación de materiais metálicos para a súa reciclaxe. Ao mesmo tempo adapta parcialmente o ordenamento xurídico español á Directiva 2013/59/ Euratom que establece as normas de seguridade básicas para a protección contra os perigos derivados da exposición a radiacións ionizantes. Derróganse os aspectos relativos a fontes orfas que incluía Real Decreto 229/2006, do 24 de febreiro
O RD inclúe a obrigación de inscrición das instalacións destinadas á recuperación ou procesamento de fontes radioactivas orfas nun rexistro, que xa existe, na Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas. Ademais, sinálanse:
1.- Os requisitos de información e formación dos traballadores das instalacións onde sexa máis probable a aparición de fontes orfas.
2.- Os requisitos de instrumentación, que dependerán da actividade que se desenvolva na instalación e da cantidade de materiais metálicos que procese anualmente.
O RD incorpora parcialmente a Directiva 2013/59/Euratom que establece as normas de seguridade básicas para a protección contra os perigos derivados da exposición a radiacións ionizantes. Ademais, a nova norma insta as autoridades competentes a valorar a idoneidade de establecer outros protocolos para o control e a detección de fontes orfas noutros lugares importantes de tránsito de persoas ou mercadorías.
Coa aprobación do RD pasan a ser obrigatorios algúns dos compromisos voluntarios asumidos polos asinantes, en 1999, do ‘Protocolo de colaboración sobre a vixilancia radiolóxica dos materiais metálicos’. Este documento foi subscrito por: a Administración Xeral do Estado, o Consello de Seguridade Nuclear, Enresa e os principais sectores industriais vinculados a esta materia. Establecía compromisos e actuacións a levar a cabo para garantir a vixilancia radiolóxica dos materiais metálicos e evitar a eventual fundición de fontes orfas. A vixilancia e control radiolóxicos, e os procedementos de actuación en caso de detección de fontes orfas, incidentes ou emerxencias das instalacións adscritas ao protocolo seguirán realizándose no marco do mesmo.
Dende a súa firma hai adheridas 165 instalacións industriais; 127 delas están sector da recuperación, 24 no siderúrxico, 8 en fundición de metais e 6 son produtoras de materiais non férreos.
Dende a implantación do protocolo rexistráronse 1.956 deteccións de material radioactivo nas instalacións adscritas, levándose a cabo por parte de Enresa 1.518 retiradas de material radioactivo.
Ligazón á nota de prensa